Visita do Director da “Cocina Económica”.
O pasado Luns, día de 12 de Novembro; recibimos a visita do Director da “Cocina Económica“, Antonio Tostado Naveiras. O motivo da visita foi a de dar a coñecer como é o funcionamento desta asociación e explicarnos como desenvolven o seu traballo, tamén agradeceu a todos os nenos, nenas e rapaces a súa colaboración con eles, mediante o Proxecto Solidario que estamos a desenvolver neste momento.
Nestas charlas participaron todos e todas os nenos e nenas do Colexio, dende Educación Infantil ata Educación Secundaria.
Nos conou cousas moi importantes como que estaba a axudar a 300 persoas e familias; así como, nos falou de futuros proxectos a desenvolver, todos eles moi importantes nos tempos que nos toca vivir.