Visita á Domus e Torre de Hércules.
O pasado luns, 20 de marzo os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria fomos de excursión á Casa do Home DOMUS e a TORRE DE HÉRCULES. Unha interesante saída onde nos divertimos e reflexionamos sobre as características da especie humana, visionamos unha peli en 3D e coñecemos o faro que leva orientando aos mariñeiros dende épocas do imperio romano. Ademais de poder desfrutar dunha fermosa paisaxe.