Un paseo polas Fragas do Eume.
Este venres , 7 de outubro, os rapaces e rapazas de 4ºA e B de Educación Primaria, inauguramos as salidas deste novo curso. E, de que mellor maneira, que disfrutando dunha bonita mañá outonal nun entorno privilexiado de ribeira, co río Eume como protagonista desta escapada.
Primeiramente, nos achegaron no Centro de Interpretación ás principais clases de fauna e flora que alí habitan. Despois comezou a nosa andadura polos camiños a un e outro marxen do río, atravesando pola ponte do Cal Grande ata os magníficos soutos de castaños que alí se atopan.
Sen lugar a dúbidas unha mañá moi ben aproveitada en pleza natureza.