O alumnado de 3º de ESO realizou unha viaxe cultural á cidade de Mérida. Alí gozaron da cidade e visitaron os principais monumentos (Templo de Diana, Arco de Trajano, Teatro, Anfiteatro, Circo, Cripta de Sta. Eulalia, Morería, Alcazaba e Museo de Arte Romano) comprobando a influencia que a nosa cultura recibiu dos romanos. Podedes ver as imaxes da excursión nesta ligazón.