Servizos de Madrugadores e Comedor
Este curso 2020 – 2021 o Cpr Jorge Juan continuará ofertando os servizos de Madrugadores e Comedor, aínda que debido a actual situación sanitaria ámbolos dous servizos quedarán restrinxidos a aqueles alumnos que acrediten que realmente necesitan o servizo a través dun certificado de empresa xustificando o mesmo.
O horario dos dous servizos será o mesmo do ano pasado. Coma sempre o servizo de madrugadores é gratuito en tanto que seguramente o de comedor sufrirá un incremento no seu prezo debido as novas medidas a tomar.
Non poderá facerse uso destes servizo de xeito puntual senón que terá que ser habitual e continuado, debendo solicitalo e acreditao no centro. Calquera dúbida que teñades podédela facer chegar ao centro a través do teléfono ou do correo electrónico.