Servizo de Almorzo Curso 2018-2019.

SERVIZO:

Este servizo ten como  obxecto  promover a prestación de servizo de almorzo aos escolares do Colexio Jorge Juan antes do inicio das clases, pola mañá nos días lectivos do curso escolar.

Este servizo consiste en dispensar un almorzo equilibrado en horario entre as 7:30 h. e as 8:15 h. Establécense tres modalidades de asistencia: fixo mensual (todos os días do mes), quenda laboral (quincenal, por motivos laborais) e esporádico (para a súa utilización en días soltos).

O menú de almorzo comporase  de  froitas, láteos e cereais (nas súas diferentes variedades e axeitadas a alimentación infantil), co fin de  aportar ao menú diario os aportes nutritivos necesarios para unha alimentación variada e saudable. A educación alimentaria, a creación de hábitos saudables e de hixiene formarán parte dos obxectivos principais deste servizo.

OBXECTIVOS:

  • Desenvolver hábitos de alimentación saudable.
  • Desenvolver hábitos de educación para a saúde e hixiene (autonomía á hora da alimentación e unha axeitada limpeza e coidado da súa hixiene).
  • Respectar e cumprir normas de convivencia e hábitos sociais axeitadas á situación de comedor.

 

HORARIO E PERSOAL:

O horario de funcionamento será de 7:30h a 8:15h. Despois  do almorzo pasarán ao servizo de madrugadores, vixiados e atendidos por diferentes mestres,  antes de comezar o horario lectivo.

Estarán atendidos por dous Mestres coas cualificacións necesarias  no servizo de almorzo.

  • 7:30- 7:45 h.: recepción de alumnado. A partir das 7:45 non se recollerán máis nenos/as para o servizo de almorzo. Os alumnos que cheguen despois das 7:45 esperarán as 8:00 para entrar no Centro no servizo de madrugadores.
  • 7:45- 8:15 h.: servizo de almorzo.
  • Despois do almorzo limpeza de dentes e aseo e a continuación pasa o servizo de madrugadores.

TARIFAS:

ALMORZO MENSUAL   (tarifa por día 3€)
ALMORZO QUINCENAL  (tarifa por día 3,50 €)
ALMORZO ESPORÁDICO  (tarifa por día 4 €)

 

INSCRICIÓN:

Para poder facer uso do servizo hai que apuntarse na secretaría do centro, en calquera das opción elixidas (mensual, quincenal ou esporádica) coa debida solicitude e inscrición (avisando da opción esporádica o día anterior na secretaría do centro) .

O  apuntarse implica aboar o seguro de accidentes/seguro escolar (que cobre calquera continxencia no almorzo ou no comedor) e notificar calquera  alerxia que o alumno ou alumna posúa.

O pago se realizará na Secretaría do Centro.

 

MENÚ:

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
Zume

Leite*

Tostada con marmelada/ manteiga

Froita

Leite*

Cereais

Zume

Leite*

Galletas

Froita

Leite*

Bollito

Zume

Leite*

Tostada con marmelada/ manteiga

*Posibilidade de engadir cacao ou azucre coa leite.

Documento de inscrición.