Servizo de Almorzo.
Ola familias, quixéramos presentar outra mellora nos servizos que está a ofrecer o noso colexio. Trátase do Servizo de Almorzo. Este novo servizo que comezará co novo curso escolarar 2016-17, consiste na apertura, recepción e coidado dos alumnos e alumnas ás 7:30 h da mañá incluíndo un almorzo a base de froitas (en tódalas variedades), leite, cereais,…
Os horarios serían os seguintes:
- Recepción do alumnado: de 7:30 h. a 7:45 h.
- Servizo de Almorzo: de 7:45 h a 8:15 h.
- Despois do almorzo limpeza de dentes e aseo, e paso ao servizo de madrugadores.
O custo do servizo de almorzo sería:
- 3 euros/día para usuarios mensuais.
- 3.50 euros/día para usuarios quincenais.
- 4 euros/día para usuarios esporádicos.
Para poder usar este servizo só compre anotarse na secretaría do centro, nas opcións elexidas coa solicitude de inscripción onde se reflexará se o usuario/a presenta calquera tipo de alerxía alimentaria e aboar a cota voluntaria, onde se inclúe o seguro escolar.