Semana do Libro

Semana do Libro

Esta semana pechamos o programa de actos organizados ao redor do libro e a lectura, queriamos celebrar deste xeito o Día Internacional do Libro, facendo extensiva a celebración a toda a semana.

Esta conmemoración  é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Ainda que en España a data ten unha tradición anterior, a festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.

E así foi no noso colexio a Semana do Libro:

En Educación Infantil:

Lecturas en familias (Galería de imaxes). Lecturas interciclos (Galería de imaxes)

Agasallo para casa (Galería de imaxes)

Mural (Galería de imaxes)

Contacontos: 23 abril (Galería de imaxes)

Educación Primaria:

1º ciclo: Marcapáxinas e teatro sombras chinesas, o 23 abril (Galería de imaxes).

2º ciclo: Baixo o título “Flores e libros”, organizaron actividades nas que fixeron apadriñamento lector e manualidades de flores e libros. (Galería de imaxes)

3º ciclo: Programa de radio (5º e 6ºEP). Día do Libro en Conexión Tarrío

Educación Secundaria:

Traballo libro o bosque animado, ilustracións e mural

Biblioteca:

Concurso de vídeo: “O teu libro favorito”

A biblioteca propón, para o día do libro, a actividade consiste en:

Elixir un libro, gravar un vídeo mostrando a portada. Os vídeos publícanse durante a semana do Libro. Os vídeos publícanse na conta de TikTok do Club de Lectura Jorge Juan, e aqueles escollidos como mellores de cada nivel (Infantil, Primaria e Secundaria) recibirán un libro como premio.