Excursión Museo Etnográfico da Capela

O alumnado de 4º de Primaria visitamos o Museo etnográfico da Capela. Este museo recuperou do ouvido elementos da cultura tradicional galega . Con esta visita achegarémonos ás formas de vida e o traballo das xentes da zona; maneiras que están a punto de perderse polo paso do tempo. Aproveitaremos para facer unha ruta a pe polo Río Sesín. Galería

Ler máis

Apadriñamento Lector: Promovendo o hábito da lectura na escola

Apadriñamento Lector: Promovendo o hábito da lectura na escola

Entre as actividades organizadas pola biblioteca, o “Apadriñamento Lector” destaca por unir a diferentes idades co obxectivo de fomentar a lectura e consolidar hábitos lectores. Nesta actividade, o alumnado maior convértese en padriño ou madriña lectora, lendo en voz alta aos compañeiros máis novos, recomendándolles lecturas e guiándoos no descubrimento de novas historias. Esta semana realizáronse as primeiras sesións, onde cada padriño coñeceu ao seu […]

Ler máis

Xornada de alimentación saudable con Eroski

O alumnado de 4ºde primaria participamos no obradoiro de alimentación saudable que o Supermercado Eroski ofrece todos os anos e no que nós participamos con gran interese. Unha vez rematada a charla educativa no cole visitamos o super, para continuar alí dunha maneira directa coa nosa formación. Tamén nos tiñan preparada unha ledicia de merenda saudable e un agasallo para levar ás nosas casas. Galería

Ler máis

Excursión Marcelle Natureza

O alumnado de segundo ciclo de primaria despedimos o curso coa excursión ao Parque Zoolóxico Marcelle Natureza. Amosáronnos a importancia da educación ambiental e a conservación da fauna. Coa nosa visita nos achegamos a distintos lugares do planeta e coñecimos dun modo moi directo algunhas dás especies animais que o habitan. Galería

Ler máis

Excursión Museo Naval-Exponav

Terceiro de primaria visitamos dous dos museos da Armada Española, que se atopan na Ruta da Construcción Naval de Ferrol. No Museo Naval poidemos ver diferentes buques, fragatas, pezas de artillería e históricas. A continuación visitamos o Museo de Construcción Naval, chamado tamén Exponav. No noso percorrido coñecimos barcos, astilleiros, técnicas de construcción, sistemas de propulsión… Aquí vos deixamos o noso percorrido polos dous museos. […]

Ler máis

Excursión Domus e Torre de Hércules

O alumnado de 4 de primaria o luns 11 de marzo viaxamos ata A Coruña. Unha interesante saída, onde nos divertiremos e reflexionaremos sobre as características da especie humana no Museo do home e coñecimos o faro ou Torre de Hércules, que leva orientando aos mariñeiros dende épocas do imperio romano. Galería

Ler máis

Desfile de Entroido 2024

Desfile de Entroido 2024

O Entroido é unha das celebracións máis esperadas e alegres do ano, e hoxe, 9 de febreiro, o Colexio Jorge Juan non foi unha excepción. O alumnado e profesorado de todas as etapas, desde a Escola Infantil ata a Educación Secundaria, reunímonos para celebrar esta festa tan especial organizando un desfile de Entroido que encheu de cor e alegría as instalacións do noso centro. Cada […]

Ler máis

Día da Paz 2024

Día da Paz 2024

Celebración do Día da Paz no Colexio Jorge Juan de Perlío: Fomentando a Tolerancia e a Solidariedade Como cada 30 de xaneiro, o Colexio Jorge Juan encheu o seu patio de esperanza, solidariedade e compromiso coa celebración do Día da Paz. Neste día tan especial, unimos forzas para lembrar a orixe e o significado profundo desta xornada que nos convida a reflexionar sobre o valor […]

Ler máis

Festa Nadal

Festexamos o último día de clase traendo produtos típicos destas datas para desfrutalos na merenda. Ao longo da mañá fixemos diferentes grupos de traballo para desenvolver as competencias STEM e diferenteshabilidades de carácter artístico. Galería

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad