Letras Galegas 2024

Letras Galegas 2024

Na Jorge Juan celebramos o Día das Letras Galegas en honra á nosa lingua e cultura, ao tratarse o 17 de maio dun día non lectivo, pasamos os actos de celebración ao día 16. Neste día, realizamos actividades para destacar a literatura galega e lembrar a figura de Luisa Villalta, homenaxeada este ano. Decoramos o patio con alfombras florais, de sal e tamén coa realización […]

Ler máis

Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

No Colexio Jorge Juan tivemos o pracer de acoller as charlas e obradorios da Asociación Stop Accidents, co obxectivo de concienciar sobre a prevención de accidentes de tráfico. Estas actividades desenvolveronse o 9 e 10 de maio, estiveron dirixidas ao alumnado de primaria, buscando inculcarlles a importancia da seguridade nas rúas e estradas desde pequenos. Stop Accidents é unha asociación sen ánimo de lucro formada […]

Ler máis

Atletismo Divertido

Atletismo Divertido

O Colexio Jorge Juan participou, xunto cos outros colexios de Fene, na Xornada de Atletismo Divertido organizada pola Concellaría de Deporte. A pesar do mal tempo o Pavillón A Xunqueira de San Valentín transformouse nunha pista de xogos, deporte e aprendizaxe. O evento contou cun circuíto con seis estacións onde probamos diferentes modalidades do atletismo: carreira de velocidade e obstáculos; salto cos pés xuntos; lanzamento […]

Ler máis

Semana do Libro

Semana do Libro

Esta semana pechamos o programa de actos organizados ao redor do libro e a lectura, queriamos celebrar deste xeito o Día Internacional do Libro, facendo extensiva a celebración a toda a semana. Esta conmemoración  é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. Ainda que en España a data ten unha tradición anterior, a festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea […]

Ler máis

Sementeiros

Sementeiros

O alumnado de Educación Infantil e Primaria xa ten feitos os seus sementeiros. A actividade enmárcase no proxecto Voz Natura e no proxecto de centro: O bosque animado. Está encamiñada a concienciar e sensibilizar sobre o coidado do medio, e as nosas posibilidades para melloralo. Se queres ver o vídeo da súa elaboración e outros doutras actividades accede á nosa canle en instragram.

Ler máis

Tortu News nº 9

Tortu News nº 9

Xa se pode acceder á edición dixital do último número da revista do colexio, Tortu News xa está dispoñible na seguinte ligazón: Tortu News número 9

Ler máis

Excursión ao Planetario

Excursión ao Planetario

Primeiro Ciclo Hoxe, 21 de marzo, o alumnado de primeiro e segundo de Primaria do Colexio Jorge Juan gozou dunha emocionante excursión á Casa das Ciencias e ao seu fascinante planetario. A diversión e a aprendizaxe estiveron presentes durante toda a visita. Foi un día inesquecible onde xogamos, experimentamos e aprendemos moito. Sen dúbida, unha experiencia que quedará na nosa memoria! Galería de imaxes

Ler máis

Día Internacional da Muller – 8 M

Día Internacional da Muller – 8 M

O Día Internacional da Muller celébrase cada 8 de marzo, sendo recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade. Hoxe, no pavillón do noso centro escolar, alumnado e profesorado formamos un circulos concentricos, bailando e cantando ao seu redor como símbolo de unión a esta reivindicación e ao noso compromiso cos valores da igualdade e os dereitos das mulleres. Nas aulas tamén se […]

Ler máis

Día do Cine

Día do Cine

O Día do Cine é unha celebración dedicada á sétima arte. Aínda que moitos países teñen os seus propios días dedicados ao cine, o segundo sábado febreiro celebrase o Día Internacional do Cine. É unha oportunidade para os amantes do cine celebraren a súa paixón. No Colexio Jorge Juan tamén quiexemos gozar da séptima arte e proxectamos varias sesións de cine para as distintas etapas […]

Ler máis
Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad