Podedes ver as datas dos exames nesta ligazón.
Se ben a semana pasada celebrabamos a chegada do Entroido, esta tocou despedilo. E fixémolo tamén dun xeito festivo. Houbo chocolate, a actuación dun malabarista, disfraces, xogos e moita alegría. Eso si, esta vez non fixemos como outros anos a queima do Meco, perdoámolo para que puidera estar na exposición do Museo do Humor. Animámosvos a visitala, estará aberta esta semana que entra, dende o […]
Como xa saberedes a próxima semana estará aberta no Museo do Humor unha exposición sobre o proxecto de centro deste ano: O Circo. Entre os moitos materias e pezas elaboradas ao longo do curso imos deixar un oco para colaborar coa Fundación Theodora. No seguinte vídeo atoparedes información sobre como funciona e que fai esta fundación, e o xeito no que pretendemos colaborar.
Xa están publicadas as fotografías do desfile de disfraces do pasado venres. Aproveitamos está publicación para reiterar os agradecementos que xa se fixo nese día. O éxito da xornada non sería posible sen a implicación de todos, alumnado, familias, ANPA, profesorado e tamén ao ser unha actividade que se desenvolveu fora do colexio, a colaboración do Concello de Fene e a axuda de Protección Civil. […]
Xa está dispoñible un novo número da revista do colexio. Naturalmente esta edición está adicada ao circo. Podedes descargar e ler o número 8 de Totunews nesta ligazón: “Totunews Circus”