Podedes ver o horario dos exames finais da ESO premendo aquí
Hoxe, no Día das Letras Galegas adicado a Xela Arias, publicaremos na web as fotografías das actividades da súa celebración no colexio o pasado venres. Van dende as alfombras florais de Educación Infantil ata os murais da ESO, sen esquecer o traballo feito en Primaria e na Escola Infantil. Galería de imaxes da Escola Infantil Galería de imaxes Educación Infantil Galería de imaxes da Educación […]
Neste trimestre convidámosvos a participar nesta primeira Edición do Concurso de Contos. Xa sexa de forma individual, en pequeno grupo ou en grupo clase, pero queremos ler as vosas creacións e que nos sorprendades coas vosas historias. As historias teñen que estar relacionadas coa temática do noso proxecto de centro: Xacobeo´21. Tedes as bases do concurso na imaxe adxunta. Esperamos as vosas historias! Animádevos a […]
As diferentes etapas educativas realizaron actividades vencelladas á celebración. O día 8 de marzo celébrase o Día da Muller e o noso centro quixo participar desde todas as súas etapas con diferentes actividades. Desde a Escola Infantil fixeron este mural para conmemorar o día: O alumnado de Ed. Infantil gozou da representación da historia de Amelia Earhart, pioneira da aviación feminina. Tamén o celebraron con […]
Xa temos nas nosas mans o número 4 da revista máis famosa e máis esperada da nosa comunidade: Tortu News. Nela poderedes atopar diferentes artigos escritos con dedicación, esforzo e ilusión por parte do noso alumnado. Deixamos o enlace a continuación para que podades consultala. Tortu News Nº 4
O alumnado de 3º de ESO deséxavos unhas felices vacacións e bo Nadal cunha canción que non é unha panxoliña. Ver vídeo
O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os mestres e mestras quixemos representar unha versión do conto “Artur e Clementina”, de Adela Turin e Nella Bosnia. Nel invitámosvos a reflexionar sobre as relacións de parella, os conflictos que poden xurdir e como resolvelos, o dereito fundamental de todas as persoas a que as traten con respecto e a […]
Video creado polo alumnado de primeiro e segundo de Secundaria para o 25N