Samaín

Samaín

Hoxe, o Colexio Jorge Juan encheuse de sustos e risas coa celebración do Samaín. Esta festividade, que mestura tradicións celtas e modernidade, celebra o momento no que a fronteira entre o mundo dos vivos e dos mortos se fai máis fina.

O alumnado chegou con disfraces creativos e arrepiantes, e no colexio, decorado para a ocasión, respirábase un ambiente de misterio. Contamos coa colaboración especial da ANPA, que sorprendeu a todos co “Túnel do Medo”.

Para completar a xornada, celebramos un magosto onde puidemos gozar do sabor tradicional das castañas asadas.

Agradecemos á ANPA o seu traballo e dedicación, que fixeron do noso Samaín unha experiencia inesquecíbel. Que todos tiveran un Samaín divertido e cheo de sustos!