Quen somos
O colexio Jorge Juan forma persoas, preparándoas para desenvolver a súa vida no mundo actual.
O noso colexio atópase na avenida do Tarrío número 78 da parroquia de Perlío, situado no concello de Fene (A Coruña).
Somos un centro de ensinanza concertada sostido con fondos públicos e sen vinculacións relixiosas e políticas, centrado en fomentar a integración e a pluralidade. O noso interese é concentrar os esforzos en capacitar aos nenos e nenas para a vida, polo que é necesario atender a todos os aspectos da súa persoa, e concienciar e potenciar ao alumnado no desenvolvemento das súas capacidades.
Entendemos a educación como un medio para acadar o ben e o benestar, tarefa que aceptamos e compartimos coa sociedade e coas familias.
Atención individual e comunicación coas familias
A atención individual dos nosos mestres e titores enfócase no continuo seguimento da aprendizaxe do noso alumnado derivando nunha cercana comunicación coas familias.
Escola Infantil, Educación Infantil, Primaria e Secundaria
Nos impartimos os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, así como todos os niveis de Educación Primaria e Educación Secundaria.
Asemade, podedes vir xa desde o primeiro ano e desfrutar da nosa Escola Infantil de 1-2 e 2-3 anos e das nosas mestras da Escola Infantil.
Gozamos na actualidade dun alumnado mixto que ronda os 560 alumnos/as.