Proxecto “O Tesouro de Acahualinca”.

Os rapaces e rapazas  do 1º Ciclo da E.S.O nas materias de Proxecto Interdisciplinar e Cidadanía ,están a traballar nun proxecto da ONG Solidariedade Internacional de Galicia ” O TESOURO DE ACAHUALINCA” ( no blog do proxecto educativo: http://www.acahualincablogspot.com atoparedes noticias interesantes ).

Froito do traballo realizado polas rapazas e rapaces e grazas ao ” RAP DE LA INVISIBILIDAD ” escrito por CRISTIAN e PAOLO, o Centro obtivo unha MENCIÓN ESPECIAL.

O premio consiste no pago do autobús para asistir ao concerto de PACHAMAMA CREW no Auditorio de Galiza en Santiago , ademais Cristian e Paolo terán a oportunidade de poder cantar a súa canción no concerto acompañados do grupo e ALÍ ESTAREMOS PARA ANIMALOS!!!!!!! FELICIDADES RAPACES!!!!!!!!

A segunda parte deste proxecto consistirá nun encontro cas/os xóvenes de Nicaragua que terá lugar mañá martes no Salón de Actos do colexio .