Primeiro de Primaria cos Hábitos Saudables.
Onte, xoves 2 de xuño, os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria achegáronse ata o Supermercado Gadis do Inferniño en Ferrol; onde realizaron unha serie de actividades relacionadas co Proxecto de Hábitos Saudables. Ademáis de realizar unha serie de xogos, poideron coñecer e traballar coa pirámide de alimentos e ver en que seccións do supermercado os podían atopar. Desfrutaron moito da visita e das actividades.