Os Polos Creativos: un proxecto innovador no noso colexio

Os Polos Creativos: un proxecto innovador no noso colexio

O noso colexio lanza o proxecto “Polos Creativos”, espazos deseñados para fomentar a creatividade, a aprendizaxe competencial e o traballo colaborativo. Nestes lugares promove-se a aprendizaxe activa mediante obradoiros e proxectos de experimentación, prototipado e resolución de problemas reais.

Os Polos Creativos inclúen temas como intelixencia artificial, realidade virtual, impresión 3D, robótica e tecnoloxías audiovisuais, promovendo a colaboración entre alumnado, profesorado e familias. Ademais, está en marcha un blog para compartir avances e recursos, sendo unha xanela aberta á comunidade educativa.

Blog Polos Creativos