Orientación

Que é?

Un gabinete de asesoramento cuxo fin pasa por acadar unha maior atención psicopedagóxica especializada no desenvolvemento persoal, académico e profesional do alumnado.

Que facemos?

Orientar en aspectos da vida como é o social, afectivo, intelectual, físico, psicolóxico, etc…, para lograr unha axeitada integración na vida cotiá.

A quen vai dirixido?

A todos os membros da comunidade educativa.

Que servizos presta?

  • Atención temprana centrada na prevención e no establecemento de medidas.
  • Atención á diversidade. Mediante a atención individualizada, a realización de diagnósticos precoces e o establecemento de medidas para evitar o fracaso escolar.
  • Orientación vocacional, axudando ao alumnado a valorar e actualizar as súas preferencias académico-profesionais para que poida formular libre e responsablemente a súa decisión persoal.
  • Mediación escolar, contribuíndo á mellora da convivencia no centro a través da proposta de medidas alternativas.
  • Coordinación con entidades externas (Servizos Sociais, asociacións, institucións, …)

Documento de Orientación sobre as Relacións Centro Escolar – Familia: Para ver premer aquí.

Folleto sobre algunhas Recomendacións aos Menores para unha Navegación Segura por Internet. Para ver picar aquí.

PRESENTCIÓN PROXECTO TEI (TUTORÍA ENTRE IGUAIS).

PRESENTACIÓN SOBRE TRANSTORNOS APRENDIZAXE E OUTRAS DEAS.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad