O alumnado de 3º da ESO visita o MUNCYT de A Coruña
Este pasado 26 de novembro, a rapazada de 3º de ESO vistou o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT) de A Coruña.
A visita estivo dividida en dúas partes. Por unha banda realizaron un obradoiro de creación dunha emisora de radio; pola outra visitaron a parte do Boeing 747 que está na exposición do museo.
O MUNCYT pretende promover o coñecemento e a cultura científica para o que, ademais das exposicións, realiza conferencias, actividades lúdico-científicas, obradoiros e outras actividades divulgativas.
Galería