Marcha pola Paz

Marcha pola Paz

Como celebración do Día da Paz, e como xeito de adhesión aos valores de convivencia pacífica, o pasado luns camiñamos polas rúas de Fene cara o Casa do Concello. Alí colocamos lazos con mensaxes de paz, e limos o seguinte manifesto que expresa o compromiso do noso coloexio coa Paz:

No CPR Jorge Juan de Perlío, onde conviven alumnado, profesorado e outras persoas da comunidade educativa, onde nos divertimos e formamos como persoas, celebramos este DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

Preocupados pola persistencia dos conflitos e pola proliferación da violencia, das condutas intolerantes nas nosas sociedades e en diversas partes do mundo, así como pola existencia do terrorismo e a guerra en Ucraína.

Alarmados polo aumento das situacións de bullying, actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas en internet e nas redes sociais que atentan contra a integridade física e psíquica das persoas.

Inquedos pola propagación da intolerancia cara a diferentes persoas, nas que se basean interminables actos de discriminación, odio e violencia que danan a dignidade da persoa, a súa liberdade e a igualdade de dereitos que son inherentes a todos os seres humanos, impedindo unha convivencia en tolerancia e harmonía.

COMPROMETÉMOSNOS A:

• Respectar a todos, sen admitir discriminacións nin prexuízos.

• Rexeitar a violencia en todas as súas formas, agresións, insultos, pelexas…

• Fomentar o compañeirismo, a xenerosidade, o respecto á diversidade cultural como riqueza humana.

• Facer a paz visible, esforzándose para que no noso centro exista unha boa relación entre todas as persoas que aquí convivimos.

RECOÑECEMOS QUE:

• A paz non é só un día de xaneiro. A paz constrúese día a día. Todos debemos traballar para vivir en paz no noso colexio e nas nosas familias.

• A paz consiste en derrubar os muros de illamento, desprezo e abandono aos que están sometidas moitas persoas próximas: no noso entorno, na escola, na rúa, ao lado da nosa casa…

• Sabemos que é posible cambiar o mundo se cada un de nós fai un pouco.

A PAZ É TAREFA DE TODOS

OUTRO MUNDO É POSIBLE

FELIZ DÍA DA PAZ!

Galería de imaxes Primeiro e Segundo de Primaria

Galalería de imaxes Terceiro e Cuarto de Primaria

Galería de imaxes: colocación de lazos, lectura e Terceiro Ciclo

Galería de imaxes celebración do Día da Paz na Escola Infantil