Instalacións

O colexio Jorge Juan (Perlío-Fene) dispón dunha dotación de infraestruturas e espazos, que integrados nunha intención de metodoloxías activas e participativas, complementan no  día a día unha resposta educativa construtiva nas crecentes necesidades do noso contorno.

  • Aulas

Cada grupo de alumnos/as terá asignada un aula, onde se impartirán a maioría das clases.

En casos de desdobre, reforzo ou materias simultáneas, a cada grupo lle será asignada outra aula ou espazo.

As dimensións das Aulas Ed. Infantil , primaria e ESO: Entre 50 e 55 m2 cada una.

  • Patio e pistas deportivas

É no aproveitamento dos recursos propios onde se fai verdadeiramente  factible, a execución das Competencias Educativas Básicas. Das distintas proxeccións que fagamos das nosas programacións didácticas, e da súa funcionalidade noutros contornos de interacción social, dependerá sen dúbida o carácter significativo que o noso alumnado lle conceda o propósito do ensino.

Non se permitirá a permanencia nesta zona durante o horario lectivo, agás para aqueles grupos que estean en clase de Educación Física ou teñan permiso expreso do/a Xefe/a de Estudios para a realización de actividades complementarias.

Patio: 5275 m2

Pista de fútbol sala-balonmán: 800 m2

Pista de baloncesto: 440 m2

  • Pavillón polideportivo

Pavillón polideportivo cuberto con vestiarios: 1000 m2.

Será empregado exclusivamente polos alumnos/as de E.Primaria e E.S.O. nas súas clases de Educación Física, compartindo ambos as instalacións.

  • Biblioteca

Estará a disposición do alumnado para consultas ou servizo de empréstamo durante os recreos.

Haberá un profesor encargado da mesma que se ocupará do control dos libros así como da orde na sala.

Esta sala poderá ser usada tamén como “sala de audiovisuais” para grupos.

Biblioteca: 60 m2.

  • Aula de tecnoloxía

Os proxectos adquiren aquí unha dimensión real, palpable e observable; con eles tamén, os seus límites e as súas posibilidades. O alumnado  ten así a oportunidade de posicionarse cara a cara coa realidade material das cousas, e afondar testimonialmente, na vivencia experimental do camiño que separa a teoría da práctica.

Aula de Tecnoloxía:  70 m2.

  • Sala de Usos Múltiples.

Este é un espazo onde os rapaces e rapazas aproveitan para amosar a súa creatividade ( festivais, obras de teatro, …), reciben charlas ou coloquios, realizan actividades complementarias, visualizan proxeccións, etc.

Sala de usos múltiples: 188.68   m2.

  • Aula de Plástica e Música.

Está destinada aos alumnos/as de E.S.O. que cursan estas materias.

Os alumnos/as acudirán a esta aula cando lles corresponda segundo o seu horario.

Excepcionalmente, en horas nas que esta sala queda libre pode ser utilizada para realizar clases de reforzo ou desdobres, sempre cun profesor/a responsable de cada actividade.

Aula de Música e Plástica Debuxo: 55 m2.

  • Aula de Informática

A aula de informática identifícase como o taller de ensaio para  educar de cara a realidade que nos toca vivir. Sendo polo tanto as novas tecnoloxías, a ferramenta de referencia para o traballo formativo  dos nosos grupos.

A sala estará a disposición de calquera profesor/a que desexe usar os ordenadores como recurso didáctico para traballar temas curriculares. Esta aula estará tamén á disposición do alumnado para realizar traballos e consultas,  para o que deberán solicitar permiso a algún dos profesores que o deberán acompañar durante o tempo de uso desta sala.

Aula de Informática: 55 m2.

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continuas navegando estás aceptándoa.    Ver
Privacidad