Excursión á Casa do Mel
A Casa do Mel, atópase en Goente, As Pontes, na comarca do Eume. É un espazo educativo mantido por unha asociación de apicultores que entre os seus obxectivos ten a divulgación e a sensibilización co mundo das abellas.
Con esta intención acudimos o alumnado de primeiro e segundo de primaria, cheos de gañas de coñecer a apicultura e todo o que ten que ver coas abellas e o mel.
Alí explicáronnos como é unha colmea, os distintos tipos de abellas que hai, como fan o mel, vimos colmeas, abellas, traxes e ferramentas dos apicultores… degustamos mel e fixemos candeas coa cera das abellas.
Voltamos ao colexio satisfeitos e sabendo un pouquiño máis de todo isto.
Verédelo mellor nestas fotos: Galería de imaxes