Excursión 3º de ESO
Esta pasada primeira semana de abril, os grupos de 3º de ESO foron de viaxe parando en Segovia, Toledo, Ávila e no parque temático Puy du Fou.
A rapazada de 3º de ESO tivo visitas guiadas nas tres cidades para coñecer os seus monumentos máis significativos e pasou unha xornada completa no parque temático histórico Puy du Fou de Toledo, onde puido asistir aos diferentes espectáculos ofertados durante o día e, ademáis, ao da noite.