Día das Letras Galegas 2016.
O pasado venres, día 13 de maio, no colexio celebramos o “Día das Letras Galegas 2016”; como todos os anos fixemos un montón de actividades, aínda que o tempo non axudou demasiado. Ao longo da semana fóronse facendo diversas actividades relacionadas coa celebración e co autor homenaxeado este ano. Tamén dende o equipo de normalización se organizou un ciclo de cine en galego para todos os cursos.
E ademais do tradicional mercadillo que organizan os rapaces e rapazas de 3º de ESO para recaudar cartos para a viaxe de fin de curso, con postos de comida, plantas,… Os nenos máis pequenos de Infantil, Primaria e Secundaria poideron disfrutar dunha fermosa mostra de oficios artesanais, onde poidemos coñecer profesións case esquecidas (zoquieros, tecedoiras, cesteiros,…) e que este grupo de persoas tratan de recuperar. Gustaríanos agradecer a súa visita e felicitalos polo seu magnífico traballo.
Realizamos o pintado dun mural conmemorativo do autor homenaxeado este ano. Manuel María.
Entre todos os nenos e nenas elaboramos un fantástico Maio, ao cal lle adicamos unha cantiga.
Os nenos e nenas de Educación Infantil tamén realizaron unha fermosa alfombra floral.
Foi unha mañá entretida a pesar do mal tempo.