Día da Paz 2022
Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz, é un día sinalado no que nos centros educativos conmemoramos unha cultura de non violencia, e comprometémonos como defensores da paz.
A elección desta data debese ao aniversario da morte del Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza.
Ao cadrar este ano en domingo, no Colexio Jorge Juan, desenvolvimos as actividades conmemorativas o venres 28 de xaneiro.
Deixamos a continuación unha galería de imaxes e un video no que se pode ver a implicación, o interese e compromiso do noso alumnado.