Día da Non Violencia e a Paz


Que lle pedirías ao Alcalde de Fene para convivir en paz no noso concello?

Con esta pregunta, pretendemos un ano máis poñer en VALOR  e en CONCIENCIA,  esta celebración especial do DÍA DA PAZ. Reflexionamos no noso cole sobre a convivencia pacífica, tanto dentro das nosas aulas como no noso entorno. Así que despois dunha semana de reflexión, e deixar as nosas propostas no “Buzón da Paz”, dedicimos unir as nosas mans nunha longa cadea humana para facerlle chegar as nosas propostas ao Alcalde de Fene. As condicións meteorolóxicas do mércores 30 de xaneiro, fixeron que a cadea fora construida dentro do cole, e as nosas propostas chegaron ao Concello por medio dunha representación do noso alumnado.

O alumnado representando ao noso cole no Concello ante o Alcalde.

Para nos, nenos e nenas dun Concello pequeno de Galicia, alumnos e alumnas dun cole coma tantos, que desexa…, e soña cara un futuro tan incerto como predecible, entendemos que é a nosa  responsabilidade dende o AQUÍ  e o AGORA, comprometernos en determinar os pasos do noso FUTURO. E recuperamos hoxe unha palabra moi especial: CONVIVENCIA.

CONVIVIR: significa, sobre todo en termos de maxia, COMPARTIR cousas con outras persoas diferentes a nos mesmos. E queremos facelo nese significado dun xeito PACÍFICO, ARMONIOSO, SEREO,… e esquecernos  nese camiño das liortas, das ofensas, dos desprezos…, porque…simplemente non as queremos para os NOSOS FUTUROS.

Para o noso futuro de PAZ! De CONVIVENCIA MÁXICA!

A CADEA HUMANA POR UNHA CONVIVENCIA MÁXICA