Día da Biblioteca, 24 de Outubro.

“Conta a historia que hai algunhas bibliotecas que gardan entre os seus estantes un libro especial que deixa caer palabras-semente. E que, se aterran nun lugar axeitado, cada unha desas palabras medrará ata converterse nunha árbore que dará como froito novos libros.

Ninguén sabe en que bibliotecas se atopan estes marabillosos libros, podería ser calquera, e podería estar agochado en calquera esquina de calquera biblioteca do planeta.

Animádevos a entrar nelas e a explorar os seus andeis, porque quizais atopedes por casualidade un libro cuxas palabras boten raíces no voso corazón e fagan medrar unha magnífica árbore de historias cuxas sementes poden chegar a cambiar o mundo.”

Texto extraído e traducido do Pregón do Día da Biblioteca

escrito por Laura Gallego.

E grazas a personaxes como a Cebra Camila, A Princesa Celia, A Galiña Branca, Cincenta ou Carapuchiña  Vermella, puidemos descubrir e compartir esta semana na nosa biblioteca historias e contos, que non pasaron desapercibidos entre os nosos alumnos e alumnas. Animándoos a eles e a toda a comunidade a visitar as bibliotecas, a ler, a contar e compartir historias, a imaxinar e soñar, a escribir, aprender,  e sobre todo, desfrutar.

¡FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

Galería de Imaxes.