Desfile de Entroido 2024
O Entroido é unha das celebracións máis esperadas e alegres do ano, e hoxe, 9 de febreiro, o Colexio Jorge Juan non foi unha excepción. O alumnado e profesorado de todas as etapas, desde a Escola Infantil ata a Educación Secundaria, reunímonos para celebrar esta festa tan especial organizando un desfile de Entroido que encheu de cor e alegría as instalacións do noso centro.
Cada curso do colexio participou no desfile con disfraces relacionados co Proxecto de Centro: O bosque animado. Así, víronse xoaniñas, abellas, caracois, coellos, flores, moscas, volvoretas, lucecús e moitos outros personaxes que deron vida ao bosque nunha mañá máxica e divertida.
Sen dúbida, un dos momentos máis impactantes do desfile foi a chegada do Meco. Este ano, o Meco sorprendeu a todos ao aparecer imponentemente alto. Carazterizado de árbore, a súa altura destacaba por riba do resto dos participantes, chamando a atención de todos os presentes. A súa figura imponente non deixou a ninguén indiferente.
Tendo ameaza de chuvia, o desfile tivo lugar no pavillón do colexio, onde as familias e amizades do alumnado puideron gozar dun espectáculo único e divertido. Cada curso realizou unha pequena coreografía no centro da pista, que arrincou os aplausos e o sorriso do público.