“DEFENSORES DA LINGUA”, VIDEOXOGO SOBRE AS LETRAS GALEGAS
No obradoiro de Videoxogos realizado durante as tardes dos mércores deste curso, o alumnado traballou na creación dun videoxogo que abrangía a Celebración do Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Ademais de aprender máis sobre este tema, tamén se divertiron resolvendo as misións dos protagonistas nesta emocionante aventura.
Resumo:
Nun día normal na aula de Lingua Galega, algo raro acontece: A LINGUA GALEGA ESTÁ DESAPARECENDO! Catro alumnos e alumnas do colexio Jorge Juan de Perlío viaxarán á “Galicia das Lendas” para recuperar a nosa lingua galega. Durante a súa aventura, enfróntanse a poderosos inimigos, resolven enigmas e contan coa axuda dos seus amigos e amigas do colexio. Só coa vosa axuda, os nosos heroes poderán vencer e salvar a lingua galega.
Se queres saber mais sobre o videoxogo e comprobar os teus coñecementos e habilidades podes descargalo no ordenador a través do seguinte enlace e unirte a esta aventura.
PARA PODER XOGAR:
– Necesitas descargar o xogo no Ordenador: Descarga ficheiro do enlace.
– Abrir o Ficheiro Comprimido ( necesitarás un programa para descomprimir ficheiros, por exemplo WinRar)
– Entrar na Carpeta “Defensores da Lingua”
– Abrir o Ficheiro “Game”
– A xogar!!!
Tamén tedes máis información no blog da biblioteca: Bibliotortu