Contacontos: Morto de fame
Hoxe, os máis pequenos de primaria, gozamos dunha sesión de contacontos. David Rodríguez, o autor do libro Superavoa, veunos contar e cantar un conto de Miguel López (O Hematocrítico): Morto de fame:
A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto. (Senopse do conto extraida de Editorial Xerais)