Colaboración entre o Concello e ANPA
Necesidades educativas especiais
Ola familias:
Dende o Anpa queremos facervos chegar a información relativa a unha nova actividade que neste curso se vai implantar para os centros educativos de Fene coa colaboración das Anpas e a aprobación do Concello de Fene.
Trátase dunha actividade fora do horario lectivo dirixida a todos aqueles nenos e nenas con necesidades educativas especiais que non poden ver cubertas as súas necesidades específicas por mor da falta de especialistas en Audición e Linguaxe ou Pedagoxía Terapéutica. Ou simplemente polo feito de que moitas familias non poden asumir os custos de logopedas, pedagogos…e demáis especialistas.
A actividade estará impartida por un grupo de especialistas do Centro de Psicoloxía María 98 de Ferrol e terá por finalidade ,entre outras cousas, traballar as fortalezas e debilidades dos nenos que presentan dificultades no ámbito educativo e social, traballar con estes nenos para que poidan seguir o ritmo diario das súas clases a pesar das súas dificultades, crear grupos e mellorar a socialización entre eles, etc
Este Xoves 29 de Setembro haberá unha reunión informativa onde se explicará a pais, nais e especialistas como se vai traballar nesta actividade tan innovadora.
A reunión terá lugar no ximnasio do colexio A Xunqueira de San Valentín ás 16.30 horas.
Todas aquelas persoas interesadas poden acudir a esta reunión- presentación para obter a información completa de primeira man.
Animádevos a acudir¡¡¡¡
Saúdos