Celebración do Día Internacional da Muller.
Hoxe, 8 de marzo, o noso colexio quixo facer unha homenaxe a tódalas mulleres, pensamos que o mellor xeito de facelo era a de saír a rúa e felicitar a todas as mulleres e entregarlles un globo e o noso máis alegre sorriso. Deste xeito, quixemos recoñecer a importante labor e traballo que realizan na nosa sociedade; aínda que pensamos que non se debería quedar no xesto dun día, senón dos 365 días do ano.
Unha vez chegados ao Colexio, realizamos a lectura dun manifesto e poemas onde se recoñece o importante papel das mulleres e a loita pola verdadeira igualdade.
Como tódolos anos os nenos e nenas dende Educación Infantil, pasando por todos os curso de Educación Primaria e os alumnos e alumnas de ESO, participamos na actividade programada polo Concello de Fene “Mulleres Lendo Mulleres”, acudindo á Casa da Cultura para participar nun matathón de lectura en homenaxe a tódalas mulleres.