Celebración do Día dos Dereitos da Infancia.
Hoxe é o Día dos Dereitos da Infancia. A Asamblea Xeral das Nacións Unidas vela que os dez artigos incluidos no tratado por eles creado, sexan recoñecidos, sen excepción: de raza, cor, sexo, relixión, opinións políticas ou de outra índole, posición económica, nacemento ou outra condición, xa sexa do propio neno ou da súa familia.
Dende o colexio, continuamos esta labor desenvolvendo este proxecto, centrándonos cada ano no traballo duns artigos en concreto. Este ano tócalle o turno ao Dereito Nº 4: Os nenos teñen dereito a crecer sans, a unha vivenda, unha boa alimentación e atención médica.