Celebración do Día da Árbore e Día da Auga.
O día 21 de marzo conmemórase o Día Forestal Mundial e o día 22 de marzo, por decisión da ONU en 1993, conmemórase o Día Mundial da Auga, que neste ano 2018 refírese a calidade da auga, necesaria para a conservación de ecosistemas sans e para o benestar humano. Para conmemorar, de xeito transversal e interrelacionado estas dúas efeméride dende o Concello de Fene propúxonos para os nenos e nena de Educación Inantil, 1º, 2º 3º e 4º de Educación Primaria un contacontos para acadar, entre outros, os seguintes obxectivos:
- Pór de relevo o valor das árbores e dos bosques e estimular actitudes positivas cara elas.
- Xerar conciencia sobre a importancia da auga para a vida, para o ser humano e para o planeta, salientando a importancia de non malgastar a auga de forma innecesaria e de non contaminala.