Canto lixo xeras nunha semana?
Hoxe comezamos o proxecto “Plástico 0″ valorando o problema do exceso deste material no centro.
Durante unha semana encheremos a rede que hai no patio con residuos plásticos para tratar de analizar a realidade deste problema no colexio.
Unha vez analizada e valorada a situación trataremos de atopar algunha resposta concreta para cambiala.