Biblioteca
A NOSA BIBLIOTECA DO PLAMBE
A Biblioteca é un espazo de lecturas e centro de recursos da información, onde poder exercitar as competencias intelectuais e emocionais para convivir e construír cidadanía. Un espazo no que lemos, nos informamos e aprendemos.
Desta maneira, e grazas a integración no PLAMBE 2018, estamos a converter a nosa biblioteca nun espazo dinámico e multifuncional ao servizo da aprendizaxe e o desenvolvemento do alumnado, que nos permite a adquisición de competencias clave e a construción dunha sociedade lectora.
Coa axuda de Tortu, a nosa mascota, estamos a facer da nosa biblioteca un lugar de encontro, de compartir experiencias e exposicións, de lecturas compartidas, desenvolvemento da creatividade, centro de recursos de información e investigación, e un espazo no que medrar xuntos, no que podemos atopar:
- Realización de préstamo xestionado co programa Meiga.
- Diferentes espazos de lectura.
- Zona Lego: desenvolvemento da creatividade.
- Espazo de traballo e estudo.
- Exposicións, entrevistas e recitais.
- Centro de recursos de información e investigación: libros documentais, revistas e novas tecnoloxías (tablets e ordenadores).
- Renovación e actualización de libros e contos.
- Lecturas compartidas, contacontos e apadriñamento lector.
Ademais de todos estes recursos, no curso 2019- 2020 incorporamos á nosa biblioteca a Radio Escolar: “Conexión Tarrío”. Da que xa podedes desfrutar na canle de Ivoox asociada ao colexio, na que podedes escoitar algún programa realizado durante este curso.
HORARIO E ACCESO
Entrada pola porta do patio (agás caso de choiva)
- De Luns a Venres no tempo de recreo:
- Secundaria pode entrar ás 11:15h.
- Primaria pode entrar ás 11:55h.
Acceso libre nos recreos de Primaria e Secundaria de luns a venres, con mestre de garda. Na porta da biblioteca e nas aulas haberá un horario semanal para o uso dos diferentes espazos e recursos da biblioteca para os diferentes cursos.
DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA EN HORARIO EXTRAESCOLAR
CURSO 2022- 2023
DE LUNS A XOVES EN HORARIO DE 16:00 – 18:00 H.
-
Horario: Luns a Xoves de 16:00 – 18:00 h. Durante os meses de Outubro a Maio (ambos incluídos).
-
Funcionamento e Uso: hora de estudo e lectura, centro de recursos (documentais e informáticos) e xestión de préstamos.
-
Entrada: polo portalón verde e acceso pola porta exterior situada ao lado do salón de actos.
-
Acceso:
-
Alumnado de Infantil e 1º e 2º E.P. acompañados dun adulto. Non poden quedar solos na biblioteca.
-
Alumnado de 3º e 4º E.P. acompañados dun adulto poden permanecer solos na biblioteca, avisando o adulto ao profesor de garda a hora de entrada e recollida na biblioteca.
-
Alumnado de 5º e 6º de E.P. e alumnado de ESO, poderán acceder e permanecer solos na biblioteca.
-
-
DÍAS PUNTUAIS EN HORARIO DE 17:00 – 18:00 h.
-
Proposta de actividades para a dinamización da biblioteca: obradoiros, talleres, actividades,… para alumnado e familias propostas polo profesorado e en colaboración coa ANPA.
-
Obradoiro de Radio.
-
Escola de Familias: charlas sobre diferentes temas educativos.
-
Obradoiro de alfabetización dixital.
-
Etc.
-
-
Serán publicadas nas redes sociais e na páxina web, nas que deberán inscribirse previamente para poder participar.
-
Contacto: biblioteca@colexiojorgejuanperlio.com
NORMAS DE USO:
-
A biblioteca é un lugar de lectura, estudo e concentración. Prégase silencio e ton baixo de voz.
-
Responsabilidade e coidado no uso dos materiais e os espazos. Recoller todos os materiais utilizados antes de irse.
-
Colocación dos libros e xogos no seu lugar.
-
Para solicitar o préstamo de libros é necesario ter o carné da biblioteca.
-
Non se pode comer dentro da biblioteca.
-
Uso libre pero controlado de tablets e ordenadores. Despois do seu uso apagar e conectar os aparatos para a súa recarga.