Alumnos/as da ESO coa Robótica.

Un grupo de alumnos/as da ESO do noso cole acudirán o vindeiro 26 de abril de 2019 a competir na “V Competición de Robots de la EEI” na Sede Campus da Escola de Enxeñería Industrial da UVigo. Enlace á web do evento http://eei.robots.webs.uvigo.es/

O obxetivo desta competición é acercar a Universidade aos alumnos da ESO e bacharelato ademáis de promocionar as titulacións da EEI e fomentar o interés dos alumnos polas disciplinas STEAM.

A palabra STEAM está formada polas iniciales dunha serie de disciplinas consideradas imprescindibles para formarse na sociedade actual. Concretamente: as ciencias, a tecnoloxía, a enxeñería, a arte e as matemáticas (do inglés: science, technology, engineering, arts e mathematics).

A Competición divídese en dúas categorías: WALLE e R2D2. A Jorge Juan competirá con 5 equipos, formados por un número de entre catro e seis alumnos, na categoría WALL-E que é para alumnos da ESO e bacharelato. Nos vindeiros anos a idea é ir incorporando este coñecemento dentro do curriculum do centro. Xa na “I Competición de Robots de la EEI” organizada no 2015 o noso centro participou con un equipo.

Na Competición cada equipo terá que realizar dúas probas:

1- Segueliñas con obstáculos, o robot deberá de percorrer un camiño marcado con liña branca sobre fondo negro e evitar dous obstáculos situados sobre a liña no menor tempo posible.

2- Barrendero cebra, o robot deberá de sacar catro latas do interior dun círculo de 1 metro de diámetro, con marcas brancas no seu interior, no menor tempo posible e sen sair do círculo.

Ver as bases da V Competición de Robots de la EEI

Acceso a entrevista en Radio Fusión.