A NOSA BIBLIOTECA NO PROGRAMA FENESTRA DE RADIO FENE.

O pasado  venres 1 de Febreiro acudimos a Radio Fene a presentar o programa da Biblioteca Escolar do noso cole. Fomos unha representación de alumnas e alumnos para contar e demostrar o traballo que estamos a facer.

Este curso entramos a formar parte do PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia), polo que estamos a converter a nosa Biblioteca nun espazo dinámico e multifuncional.

Neste sentido e para este curso escolar, a biblioteca convértese en protagonista do noso centro; por unha parte como centro dinamizador de actividades, iniciativas e propostas, e por outra como tema principal do noso Proxecto de Centro: “Descubrimos con Tortu”.

Durante a semana adicada a celebración do día da Paz, na biblioteca realizáronse diferentes actividades e iniciativas, das que xurdiron o “Recital de Poemas pola Paz”.  

Un grupo de nenas e nenos escribiron poemas sobre o Día da non Violencia e a Paz. Xuntáronse, compartiron lecturas, leron aos mais pequenos, e porqué non tamén se animaron a escribir e recitar as súas propias producións. E para que o noso traballo chegara ao maior público posible, Radio Fene brindounos a oportunidade de publicalo no seu Programa Fenestra.

Foi unha experiencia moi positiva, o traballo e o esforzo realizado víronse recompensados. Noraboa aos participantes, e a seguir creando e compartindo o noso traballo e producións cos demais.

Podedes escoitar a gravación na seguinte ligazón.

https://www.radiofusion.eu/actualidade/novas/biblioteca-escolar-ten-que-ser-%C3%BAtil