Finaliza a campaña de recollida de alimentos e material para Valencia

Finaliza a campaña de recollida de alimentos e material para Valencia

Durante a última semana, no CPR Jorge Juan de Perlío, realizamos unha campaña de recollida de alimentos e material para apoiar ás persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Grazas á solidariedade de toda a comunidade educativa, fomos recollendo e clasificando doazóns, como auga, alimentos non perecedoiros, mantas, sacos de durmir, produtos para bebés e ferramentas básicas.

Todo o material recollido saiu hoxe con destiono ao Concello de Utiel, onde o Centro de Coordinación de Voluntariado da Generalitat Valenciana encargarase da súa distribución ás persoas máis necesitadas.

Moitas grazas a todas e todos pola vosa colaboración e solidariedade nesta iniciativa.