Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

Stop Accidents no Colexio Jorge Juan

No Colexio Jorge Juan tivemos o pracer de acoller as charlas e obradorios da Asociación Stop Accidents, co obxectivo de concienciar sobre a prevención de accidentes de tráfico. Estas actividades desenvolveronse o 9 e 10 de maio, estiveron dirixidas ao alumnado de primaria, buscando inculcarlles a importancia da seguridade nas rúas e estradas desde pequenos.

Stop Accidents é unha asociación sen ánimo de lucro formada por afectados directamente por accidentes de tráfico. A súa misión é a de traballar en equipo e innovar, co obxectivo de lograr 0 vítimas como horizonte.