Charla sobre especies invasoras
No marco do noso proxecto de centro deste ano, “O Bosque Animado”, e en colaboración co proxecto medioambiental “Voz Natura”, celebramos hoxe unha charla sobre “As especies Invasoras”. Esta iniciativa tivo como obxectivo concienciar ao noso estudantado sobre a importancia de preservar os ecosistemas autóctonos e como a chegada de especies invasoras pon en perigo a nosa fauna e flora locais.
O alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria tivo a oportunidade de aprender sobre a ameaza que representan as especies invasoras para a biodiversidade galega. Un dos puntos destacados da charla foi a preocupante chegada da vespa velutina a Galicia e o seu impacto nas especies autóctonas. A experta na materia, Eva M. Pico Álvares, bióloga e apicultora de renome, compartiu o seu coñecemento e experiencia sobre este tema. Eva é tamén membro activo da asociación “A Casa do Mel”.
Esta charla serviu como lembranza de que cada un de nós desempeña un papel crucial na preservación do noso entorno e na promoción da biodiversidade en Galicia, en consonancia co espírito de “O Bosque Animado” e “Voz Natura”.
Queremos expresar o noso sincero agradecemento a Eva polo seu compromiso na educación ambiental dos nosos alumnos.
¡Grazas, Eva, polo teu compromiso e dedicación á conservación dos nosos ecosistemas!
Como noutras ocasións animámosvos visitar as galerías de imaxes desta xornada: