Adaptación da historia de “Artur e Clementina”
O 25 de Novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os mestres e mestras quixemos representar unha versión do conto “Artur e Clementina”, de Adela Turin e Nella Bosnia.
Nel invitámosvos a reflexionar sobre as relacións de parella, os conflictos que poden xurdir e como resolvelos, o dereito fundamental de todas as persoas a que as traten con respecto e a libertade da toma de decisións de cada persoa.
Esperamos que esta mensaxe chegue ata o mais profundo das novas xeracións e que disfrutedes moito co vídeo.