Proxecto “Cardioescolas”

Proxecto “Cardioescolas”

Mañá, mércores 5 de febreiro, comeza no colexio o proxecto “Cardioescolas”. Desenvolveranse tres charlas ao longo do mes de febreiro, os mércores 5, 12 e 19 en horario de 16:30 a 18:30. Serán impartidas por Carlos Piñeiro e Ángeles Fernández en horario de 16:30 a 18:30.

Están programadas dentro da Escola de Pais e Nais polo que nos gustaría contar coa participación de todas as familias.

Dende o centro consideramos que a promoción da saúde na escola debe ter unha continuidade na casa e para iso nada mellor que contar coa vosa presencia nestes relatorios para que todos xuntos, familias e escola, poidamos desenvolver e incentivar os hábitos saudables nos vosos fillos.

Agardámosvos!