Comezo “Programa Perros e Letras”.
O programa estadounidense R.E.A.D. , coñecida en España como Perros y Letras, é unha terapia orientada a mellorar as habilidades de lectura n@s nen@s. Chega a nosa comarca coa implantación no Jorge Juan, apostando por terapias novedosas na contorna. O programa, con 20 anos de experiencias e logros en diferentes países europeos, desenvolverase no centro durante o segundo e terceiro trimestre con nen@s de Primaria e último curso de Infantil. A cadela Nora, xunto coa súa responsable Laura, virán ao cole este mércores 7 para explicar o método e resolver dúbidas ás familias d@s seleccionad@s para participar no programa.
O programa Perros y Letras aumenta a motivación cara a lectura e o hábito lector; incrementa a fluidez e a comprensión lectora; aumenta o vocabulario e as habilidades verbais; aumenta a atención, concentración e autocontrol; e incrementa a autoestima, seguridade e confianza en si mesmo. Ademáis, aumenta a relaxación, reduce o estrés ou ansiedade, mellora as habilidades sociais e a relación co contorno, aumenta a participación na clase, promove a estimulación mental d@ nen@, desenvolve a iniciativa persoal e mellora a autonomía.
Estamos moi content@s de poder arrincar no centro este programa e convidámosvos a saber máis do proxecto na web http://perrosyletras.com/