Festival Nadal Primaria.
Este ano quixemos terminar o trimestre dunha forma diferente. Movidos polas inquietudes dos alumnos e alumnas e as súas ganas de actuar e mostrar as súas dotes artísticas aos demais, preparamos un festival feito por e para eles, os nenos e nenas auténticos protagonistas do noso cole.
Planificaron as súas actuacións, discutiron e chegaron a acordos, prepararon vestiario, escenificación e guións, tamén coreografías, textos e chistes, e chegou o momento do Festival.
Todos e todas estábamos nerviosos, ilusionados, expectantes…, con ganas de mostrar os demais o esforzo e traballo adicado as nosas actuacións, e tamén coa ilusión de que as nosas familias nos viran posteriormente en casa, sen agobios de espazo e horarios (pois por motivos de espazo e organización, o festival realizouse so para nenos e nenas, para que os verdadeiros protagonistas puideran desfrutar a gusto).
As actuacións estiveron magníficas, os artistas desfrutaron, o público aplaudiu, gritou, riu,… e cámara non gravou. Sentimos moito esta circunstancia, pero quedámonos coa parte positiva da experiencia: os alumnos e alumnas desfrutaron os que máis.
Deixámosvos algunhas fotos do festival e desexámosvos felices festas.