A Dama do Xeo.
Pasa o tempo polo camiño que percorren as aulas, recorren as estacións os corredores, sopra o nordés, recio e afiado por tódalas beirarrúas; se sinte xa nas prazas e se intúe nalgúns patios. As árbores se miran e se resignan, despedíndose xa das últimas follas. Calan os paxaros e se escoitan panxoliñas. Deslúmbranse as miradas, e pérdense esvaídas nos xogos de luces que nos asaltan aquí e acolá. Todo reflicte ceos estrelados, e muda ,e cambia, e aparece ou se esconde. Pero é, sobre todo, no que non acontece no que se preludia a súa chegada…
Cánticos, barullos e sons xogan atolondrados todavía nas escolas. Intencións, traballos e rutinas tratan xa de transfigurarse en notas, calificacións e soños. Todo estaba case listo, pero…
De súpeto o pensamento quedou xélido e a atmósfera crioxénica cando as ideas mudaron a témpanos. Xa non había dúbida, a Dama do Xeo estaba este ano pola Jorge .
– ¡Calade! Shssss- ¿ E os nenos ? ¿Qué pasou cos nenos?…
Vexamos. Alguén quizá, grabou o acontecido…