1º e 2º de Educación Primaria na Casa do Mel.
O pasado luns e martes, 22 e 23 de decembro, os nenos e nenas de primeiro e segundo de Educación Primaria visitaron a Casa do Mel situada en Goente. Alí poideron coñecer moi ben o mundo da apicultura.
Foi unha bonita forma de achegarse ao mundo das abellas e a todos os productos que elas nos aportan, ademais de poder “xogar” a ser apicultores e pasar polo divertido photo call. Disfrutamos un motón nesta visita.