Chega o Entroido 2015.
Pois outro ano máis, os nenos e nenas do Colexio, celebraremos esta festa tan divertida. Como nos últimos anos, temos unha nova personaxe polo colexio, o cal nos irá dando unha serie de mandatos que deberemos de cumprir ao longo da semana. Si somos capaces de levalos a cabo, o último día decidiremos que facer con él. Estade atentos!!!!!
O primeiro: “O luns, un gorro de auga terei que traer”.
Martes: ” A toalla quería estrear pero co mal tempo so no pescozo a poderei levar”.
Mércores: ” Fóra auga, fóra neve, eu xa me quero bañar!!!!!. O mércores traerei a escola, as miñas gafas de nadar”.
Xoves: “Unha raiola quere sair e o meu bañador aínda por enriba da roupa vou a lucir”.
Venres: “Para mañá xa sabedes o mandato: Se non chove iremos ao Concello a pasar un bo rato”.
Xoves: ” Como non saiu o sol, o guiri ao solarium foi e todo colorado o xoves ao cole voutou”.
Venres: “Grandes e pequenos traede un disfraz para na festa do cole poder participar, e todos xuntos … ao meco queimar!!!”