Rematou o Entroido.
O Entroido 2012.
Bueno, pois o Entroido deste ano xa rematou, foi unha xornada moi divertida e moi intensa. Ao longo da mañá, os nenos e nenas de todo o Colexio Jorge Juan, realizamos un montonazo de actividades. Primeiro fotos, a continuación desfile, logo merenda, baile e por último, despedímonos do noso Meco.
Que ben o pasamos!
Comezamos, preparando os nosos disfrazes coas nosas mestras e mestres, para realizar os posados na sesión fotográfica, logo nos puxemos todos nunha longa ringleira para visitar o Concello, onde nos recibiu parte da corporación e nos diron uns caramelos.
Xa de volta no colexio, preparamos o concurso de postres do Entroido, no que participaban os nenos e nenas do 3º Ciclo de Primaria, aínda que o resto de compañeiros e compañeiras de Primaria tamén paparon as súas racións de freixós e orellas.
E para rematar a festa, despedímonos do noso Meco que nos toleou durante uns días, pero antes dedicámoslle uns bailes. A verdade que foi unha xornada do máis entretida.