Día Internacional da Infancia
No Colexio Jorge Juan de Perlío, celebramos con entusiasmo o Día Internacional da Infancia, un día dedicado a recoñecer e promover os dereitos fundamentais dos nenos e nenas en todo o mundo.
Este ano enlazámola celebración co noso proxecto de centro, “O bosque animado”, e co proxecto Voz Natura. As mestras de infantil e de segundo de primaria representaron unha entretida obra teatral no noso salón de actos, transportando aos espectadores a un bosque máxico.
As actrices principais foron as mestras, que deron vida aos personaxes, participando como público entusiasta o alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria.
Máis alá da representación, o evento subliñou o compromiso do Colexio Jorge Juan coa educación e o desenvolvemento integral do noso estudantado. Estamos orgullosos de formar parte dunha comunidade que valora e fomenta os dereitos da infancia, construíndo así un futuro máis equitativo.
Neste Día Internacional da Infancia, reafirmamos o noso compromiso coa promoción dos dereitos dos nenos e nenas, lembrando que cada acción conta na construción dun mundo onde todos poidan medrar plenamente.